Novas colaboracións no CEG
No Centro de Estudos Galegos contaremos con dúas novas colaboradoras nos próximos meses. Laura Castro e Bárbara Veiras, graduadas en Lingua e Literatura galegas pola Universidade de Santiago de Compostela, participarán nos proxectos que estamos a desenvolver para promover e difundir a cultura galega en Lisboa. Algún destes proxectos máis destacados son o Grandes Voces do Noso Mundo realizado en colaboración co equipo de Radio Burela, ou o Galegos de Lisboa, que pretende recuperar a memoria da emigración galega na cidade. Ademais, tamén contribuirán nas aulas de Lingua e Literatura Galega impartidas na Universidade Nova de Lisboa.